Apoio á educación e cultura

Obxectivos

Diríxese a entidades, asociacións, institucións persoas físicas e xurídicas que, con este carácter, desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial para o financiamento de proxectos e accións de posta en valor do patrimonio cultural do territorio, como pode ser a creación de roteiros, visitas guiadas, exposicións, intercambios culturais, festivais folclóricos, certames culturais, adquisición de instrumentos ou vestimenta, e calquera outras actividades culturais e educativas de interese.

Tamén serán obxecto de axuda dentro desta área as actividades de apoio á educación e promoción da sustentabilidade e protección do medio ambiente no ámbito educativo, como o desenvolvemento de xornadas formativas, conferencias, publicacións, charlas, deseño de folletos e material didáctico, etc.

IMPORTE: 300.000 €

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2019.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-V)