Emprendemento e innovación

Obxectivos

Diríxese a empresas, colectivos, entidades e persoas físicas para o financiamento de proxectos de autoemprego e emprendemento empresarial coa incidencia na mellora do Medio Ambiente, o aproveitamento sostible dos recursos naturais e á xeración de emprego no ámbito territorial, preferiblemente en áreas e actividades directa ou indirectamente relacionadas coas de ENCE. Asimesmo outorgaranse bolsas de formación e práctica laboral destinadas a titulados/as universitarios/as de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Terán prioridade as solicitudes de bolsas que atendan á mellora do Medio Ambiente e aproveitamento sostible dos recursos naturais no ámbito territorial máis cercano a ENCE e/ou que estean relacionadas coa súa actividade.

IMPORTE: 600.000 €