Emprendemento e innovación

Obxectivos

Diríxese a entidades, asociacións, institucións persoas físicas e xurídicas, para o financiamento de proxectos de autoemprego e emprendemento empresarial con incidencia na mellora do medio ambiente, o aproveitamento sustentable dos recursos naturais, o fomento da economía circular e a loita contra o cambio climático.

Darase prioridade a aquelas iniciativas con capacidade de xerar emprego no ámbito territorial, preferiblemente en áreas ou actividades directa ou indirectamente relacionadas coas de ENCE, e especialmente entre colectivos con dificultades de inserción laboral.

Así mesmo, poderanse conceder axudas destinadas ao financiamento de bolsas de formación e práctica laboral destinadas a titulados/as universitarios/as ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Neste caso, terán prioridade as solicitudes destinadas a ofrecer bolsas relacionadas con actividades que atendan á mellora do Medio Ambiente e aproveitamento sustentable dos recursos naturais no ámbito territorial máis próximo a ENCE e/ou que estean relacionadas coa súa actividade.

O período da formación ou práctica laboral obxecto da bolsa non poderá exceder do 15 de novembro de 2020.

IMPORTE: 600.000 €

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2019.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-V)