O Plan Social de Ence Pontevedra e a Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra colaboran xuntos para fortalecer e dinamizar á comunidade xorda

O Plan Social de Ence Pontevedra e a Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra colaboran xuntos para fortalecer e dinamizar á comunidade xorda

A nivel mundial a xordeira afecta a máis do 5% da poboación mundial, é dicir, a 360 millóns de persoas no mundo, dos cales 32 millóns son nenos, segundo datos da OMS. En España hai un total de 1.064.000 persoas xordas e con algún tipo de discapacidade auditiva (o que se traduce nun 2,3% da poboación total) segundo os datos recolleitos pola enquisa do Instituto Nacional de Estatística (INE) no seu estudo “IDADE 2008”. O que supón que o 98% das persoas xordas en España utiliza a lingua oral para comunicarse.

Todas as persoas xordas deben ter acceso ao ensino de lingua de signos e deben poder contar con todo tipo de facilidades para a súa práctica, con todo, estes dereitos non se cumpren na súa totalidade. Soamente 15.000 persoas fan uso da lingua de signos, mentres que o 98% das persoas xordas utiliza a lingua oral para comunicarse en España. Lamentablemente aínda existen prexuízos contra este colectivo tan grande. As persoas afectadas, non gozan das mesmas oportunidades, un claro exemplo disto é o escaso número de salas de cinema con opción a películas subtituladas.

É por iso que a Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra (APXP) foi beneficiaria da III Edición do Plan Social, co seu proxecto de “Fortalecemento asociativo e dinamización da comunidade xorda”, cuxo fin é potenciar á comunidade xorda impulsando a igualdade de dereitos e oportunidades, así como a súa participación social. Ademais, perseguen a consolidación do tecido asociativo das persoas xordas de Pontevedra e da comarca.

A APXP é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en febreiro do ano 2005 que actualmente está afiliada á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), e persegue a integración total das persoas xordas mediante distintas actividades na sociedade. Para poder levar a cabo os seus proxectos, a APXP apoiouse no Plan Social durante as súas tres convocatorias, o que lles permitiu levar a cabo distintas actividades como a realización dunha visita guiada ao Outeiro das Mouras, un taller de estampaxe de camisetas, participación en distintas feiras de saúde e realización de camiñadas, entre outras actividades.

Ence quixo impulsar este proxecto como parte do seu compromiso coa sociedade xa que entende que este colectivo é vulnerable e atópase a diario con multitude de barreiras que lle impiden exercer a súa plena cidadanía.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)