O ANPA do SEI Santo Narciso reforma un dos parques do colexio grazas ao Plan Social de Ence

O ANPA do SEI Santo Narciso reforma un dos parques do colexio grazas ao Plan Social de Ence

O Colexio Santo Narciso, fundado en 1926 pola Congregación da Misión de San Vicente de Paúl, naceu a pedimento de emigrantes marinenses preocupados pola escolarización dos nenos deste concello.
Co paso dos anos, este colexio arraigado en Marín converteuse nun centro escolar de referencia na comarca. Ademais de ofrecer un servizo educativo laico de calidade en todos os niveis de formación ata a universidade, tamén é un recinto deportivo único na comunidade galega.
Nestas reformas dos espazos xoga un papel importante o ANPA do SEI Santo Narciso, a asociación de nais e pais de alumnos que traballa por e para o benestar dos nenos/as pertencentes ao colexio.
Recentemente, esta Asociación viu no Plan Social Ence Pontevedra unha posibilidade para realizar unha mellora nun dos parques infantís do centro, en beneficio das súas alumnas e alumnos máis novos.
A través deste proxecto, renováronse tobogáns, randeeiras e outros elementos recreativos sobre un céspede artificial, construíndo, así, un espazo no que os/as pequenos/as poden gozar ao aire libre.
Desde o ANPA destacan que “os nenos están encantados” coa inauguración do parque, un proxecto xa finalizado que actualmente “poden gozar sempre que saen ao recreo”, trasládannos desde a asociación.
O ANPA do SEI Santo Narciso confía en “seguir mellorando as súas instalacións” e poñen en valor esta axuda, que “foi unha gran achega para levar a cabo este necesario proxecto” conclúen.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)