A ESDAC Vaganova Pontevedra reforma a súa Sala Principal coa colaboración do Plan Social Ence Pontevedra
A Academia Vagánova de Ballet é unha das escolas máis famosas e influentes de ballet clásico do mundo. Desde principios do século XX e grazas á lenda do baile Agrippina Vaganova, esta academia desenvolveu un método de instrución do ballet que actualmente está considerado como un dos máis influentes e respectados do mundo, e que xa deixou unha pegada indeleble na historia desta arte.
Tanto é así, que hai aproximadamente 30 anos Imaculada Oltra Richart viu a oportunidade de abrir unha escola con esta metodoloxía a beiras do Lérez. Referímonos á Escola Superior de Danza e Artes Coreográficas Vaganova Pontevedra (ESDAC Vaganova). Esta escola, ademais de en ballet clásico, tamén forma aos seus máis de 70 alumnos/as en baile moderno, jazz, bailes latinos, hip hop, kizomba e pilates.
Á súa directora, Inma Oltra, aínda lle chama a atención o moito que creceron estas disciplinas en Galicia en comparación ao estado que tiñan cando aterrou na comunidade. “En todas as cidades galegas está a progresar moito o baile”, resalta a directora.
Como beneficiarios da IV Convocatoria do Plan Social de Ence Pontevedra executaron un proxecto baseado en renovar a infraestrutura da Escola co obxectivo de mellorar a experiencia e o rendemento dos mozos aprendices. Con este fin, a ESDAC Vaganova renovou o chan da súa ‘Sala Principal’, o que “permitiu que os nosos bailaríns/as puidesen mellorar o seu traballo de puntas dunha forma notable”, destaca a súa directora Inma Oltra.
Así mesmo, a Academia Vaganova pontevedresa levou a cabo máis “cambios necesarios” como a instalación dun novo sistema de son ou a mellora na iluminación das salas. Neste sentido, Inma móstrase “agradecida” xa que, desde a aplicación do proxecto, “os alumnos están a gozar moito máis da súa experiencia na escola”.
Esta satisfacción dá resultados visibles a unha escola que pode mostrarse orgullosa de contar con varios alumnos avanzados que seguen mellorando e traballando en diferentes compañías repartidas polo conxunto da península, como a ‘Compañía Nacho Duato’, unha das máis ambiciosas e destacadas do noso país.
Desde a ESDAC Vaganova Pontevedra confían en seguir colaborando co Plan Social en próximas edicións para contribuír a unha mellora continua da escola que axude aos seus alumnos/as a seguir gozando da aprendizaxe desta arte que, ano a ano, continúa o seu crecemento na nosa comunidade.