Detradi Galicia: Deporte como medicina para mellorar a calidade de vida de persoas trasplantadas e en diálises
A Asociación de Deportistas Trasplantados e en Diálises de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que, desde o seu nacemento no ano 2022, realiza accións sociais fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas en lista de espera para transplante, trasplantadas, e en diálise, a través da actividade física e o deporte e doutro tipo de actividades.
Como beneficiaria da última edición do Plan Social de Ence Pontevedra, esta asociación segue traballando para impulsar e dar visibilidade á doazón de órganos e tecidos a través da actividade física e o deporte de man dos seus deportistas trasplantados/as e en diálises. E é que, ademais de ser un gran escaparate para concienciar sobre a importancia que ten a doazón de órganos, a actividade deportiva “achega grandes beneficios para chegar ao momento do transplante en boas condicións e, posteriormente, ter unha recuperación óptima”, asegura Carlos Montes, presidente da Asociación.
Detradi Galicia está de parabén este verán xa que cinco integrantes da Asociación viaxaron a Lisboa para medirse nos Xogos Europeos para Trasplantados, celebrados a última semana de xullo. Un orgullo para o deporte galego que demostra que “detrás dun transplante hai vida, e vida de calidade”, tal e como afirma o propio Carlos, que tamén participou en diferentes disciplinas de lanzamento cultivando catro medallas de ouro.
Unha nova oportunidade de retomar os seus soños como deportistas que, dalgunha forma, interrompéronse cando se viron obrigados a someterse ao “último recurso médico posible”, un transplante de órganos. Tal e como exemplifica o lema oficial desta competición continental: “É unha oportunidade para mostrar os beneficios da doazón de órganos e unha verdadeira celebración do agasallo da vida”.
Coa colaboración do Plan Social, Detradi Galicia puido comezar a súa andaina como entidade do terceiro sector para poder levar a cabo obxectivos como a participación neste evento internacional. Alí, obtiveron “resultados fantásticos”, coa consecución de 12 medallas (10 de ouro e 2 de prata) entre os 5 deportistas de Detradi Galicia que se desprazaron ata a capital lusa.
Este tipo de iniciativas evidencian que a actividade física é un aliado indispensable de moitos pacientes que se someteron ou van someterse a un transplante, “unha medicina máis”, resume o seu presidente. Unha terapia física e mental que a Asociación seguirá facilitando nos próximos anos co apoio de Ence Pontevedra.
Neste sentido, a Asociación mostra o seu desexo de seguir contando coa colaboración do Plan Social, a cal define o seu presidente como un “balón de osíxeno”, coa mirada posta nos Mundiais que se celebrarán en Dresden (Alemaña) en agosto do próximo ano. “Sen o Plan Social isto non fose posible”, conclúe Carlos Sánchez.