O Club Cisne Balonmán segue cultivando éxitos “apostando pola base” co respaldo do Plan Social
Fai apenas catro anos o Club Cisne Balonmán de Pontevedra convertíase no quinto equipo da provincia en debutar na máxima categoría do balonmán español. Esta prestixiosa lista denota a gran tradición que o suroeste de Galicia mantén por este deporte, en concreto, a capital de provincia, lugar no que desde hai unha década hai dous conxuntos loitando por manterse no trono do balonmán pontevedrés.
Un deles é o Club Cisne Balonmán de Pontevedra, agrupación deportiva fundada en 1964, que actualmente milita na categoría de prata do balonmán nacional. Este ano comezará outra tempada ilusionante da man do Plan Social de Ence Pontevedra despois de quedar a tan só dous partidos de lograr un novo ascenso á liga Asobal o pasado curso.
Un final de tempada que deixou un gran sabor de boca a un equipo que foi de menos a máis durante todo o curso e que non coñeceu a derrota no últimos sete partidos de liga regular. Actualmente, o club pontevedrés xa se atopa preparando unha nova tempada na que manterán a identidade e filosofía que caracteriza a esta agrupación deportiva: unha seria e continuada aposta pola canteira e o deporte basee.
“Durante os meus 32 anos na presidencia tentamos ser moi fieis ao forte legado que deixou o meu predecesor, Manolo Corrochano, baseado en apoiar e gozar do deporte base”, destaca Santiago Picallo, presidente do club. Unha aposta que consiste en dar todas as facilidades e ferramentas aos seus canteiráns para o seu correcto desenvolvemento como xogadores e como persoas e que, como confesa o seu presidente, “formou ás xeracións que nos fixeron obter tantos éxitos deportivos na última década”.
Con todo, Santiago non só destaca os éxitos do primeiro equipo, se non que, para el, “os máis especiais son todas as alegrías alcanzadas nas categorías de formación”. Desta forma, como beneficiarios do Plan Social 2023, a canteira deste club puido aumentar os seus efectivos na última tempada ata alcanzar unha cifra aproximada de 125 nenos. Ademais, tamén incrementaron o número de equipos, de 6 a 10, con varios deles alcanzando a honra de participar nos Campionatos de España.
Cabe destacar que este Club, ademais do seu apartado deportivo, tamén fai un gran traballo na difusión e promoción do balonmán na cidade mediante a organización de Campus, Torneos ou o xa clásico Memorial Manuel Luaces, que este ano cumprirá o seu trixésimo primeira edición. Un gran número de iniciativas que fan que esta cidade a beiras do Lérez siga respirando balonmán.
Santiago agradece a “axuda tremenda” que supuxo esta última edición do Plan Social para o Club Cisne, e que foi “fundamental e decisiva para axudar a consolidar o proxecto”.Un respaldo que esperan seguir tendo no futuro mediante á nova edición do Plan Social, que recentemente abriu o seu prazo de solicitudes, para que esta entidade siga crecendo co obxectivo de manterse no balonmán profesional moitos anos máis, “como sempre confiando nos rapaces da casa”, conclúe Santiago.