
Kitesurf con propósito: o deporte que cambia vidas nas Rías Baixas
Na praia de Lourido, no Concello de Poio (Pontevedra), un grupo de mozos lánzase ao mar con cometas de cores, táboas e moitas ganas de aprender. Pero o que ocorre nestas augas vai moito máis alá do deporte. Grazas ao apoio do Plan Social de Ence, o Club Kite Galicia Lourido consolidou unha escola de kitesurf que forma a nenas, nenos e adolescentes non só no técnico, senón tamén en valores como a sustentabilidade, a inclusión e o traballo en equipo.
O proxecto, que vén desenvolvendo desde marzo e estenderase ata outubro de 2025, está dirixido a mozos de entre 8 e 18 anos. Mediante unha metodoloxía adaptada e accesible, o club ofrece cursos de iniciación e progresión, con especial foco en quen non adoitan ter acceso a deportes acuáticos.
“Sabemos que o kitesurf pode parecer inaccesible, por iso facemos un esforzo por abrilo a todos. Prestamos o material, ofrecemos prezos sociais e adaptamos os horarios ás necesidades de cada familia. E unha vez que o proban, o mar e o vento fan o resto: atrápaos para sempre”, afirma Xusto Fernández, fundador do Club e referente do kitesurf a nivel galego e internacional.
Máis que deporte: comunidade e medioambiente
O que distingue a esta escola é o seu enfoque integral: durante o ano organízanse limpezas de praia, talleres de sustentabilidade, charlas sobre seguridade e eventos abertos á comunidade. Ademais, implementouse un programa de mentoría para acompañar o desenvolvemento persoal dos mozos participantes.
“O kitesurf non é só un deporte: é unha ferramenta de crecemento persoal. Moitos mozos e mozas chegan sen experiencia previa, e en pouco tempo vellos con máis confianza, en contacto coa natureza e compartindo en equipo. Esa evolución é o que máis nos emociona”, explican desde o equipo docente.
Un modelo que perdura no tempo
Aínda que actualmente conta co respaldo do Plan Social de Ence, o Club traballa nun modelo mixto de sustentabilidade económica para garantir a continuidade do proxecto máis aló de 2025. A idea é seguir ofrecendo formación de calidade e actividades abertas á comunidade, mantendo sempre o compromiso coa contorna e cunha práctica deportiva responsable. En palabras do propio Xusto:
“Non somos só unha escola: somos unha comunidade. Cremos nun deporte inclusivo, sen barreiras económicas nin sociais, e nun estilo de vida que respecta o mar. Facemos isto con paixón, cos pés na area e a alma no vento”.
En Ence cremos no poder transformador dos proxectos que conectan ás persoas coa natureza. Por iso, apoiar iniciativas como esta escola de kitesurf é moito máis que unha aposta polo deporte: é investir en futuro, mocidade e territorio.