O balonmán pontevedrés, conquistando a cima da primeira división con Ence
A cidade do Lérez conta con dous clubs de balonmán de recoñecida traxectoria e historia: o Club Cisne de Balonmán, e a Sociedade Deportiva Teucro. Ambos cunha data de fundación que supera o medio século, son un emblema de Pontevedra, e un símbolo que alcanza as primeiras divisións deste deporte a nivel nacional.
O Club Cisne de Balonmán disputa actualmente a liga ASOBAL, a máxima categoría nacional masculina de balonmán, onde ascendeu a pasada tempada tras proclamarse vencedor da División de Honra Prata. É a esta última categoría á que pertence a Sociedade Deportiva Teucro, desde a que loita por volver estar nunha liga principal na que se mantivo durante varias tempadas.
Ambos os clubs disputan a obtención do liderado nas súas respectivas categorías con enteireza, entrega e deportividade. A historia de ambos está ligada a Pontevedra de tal modo que cando se disputa un ascenso ou un descenso toda a cidade envórcase con estes clubs, cos que sofren na súa pelexa para alcanzar o éxito.
É por iso que Ence, dentro do seu compromiso coa comarca pontevedresa, e o seu impulso ao deporte local, outorgou dentro da III Edición do seu Plan Social, unha axuda de 40.000€ a cada club, co obxectivo de colaborar no mantemento de dous emblemas deportivos da cidade e na súa disputa polo liderado. Para a compañía, participar no desenvolvemento de dous equipos tan importantes para a cidade, supón todo un motivo de satisfacción e un aliciente para seguir achegando esta axuda ao deporte local.
Esta colaboración enmárcase dentro da liña de axudas ao Deporte de Base do Plan Social de Pontevedra, que en 2019 alcanzou os 900.000€, e destinada a entidades, clubs deportivo e deportistas individuais para apoiarlles na súa participación en ligas, competicións ou eventos deportivos, cun claro obxectivo de fomento do deporte de base.