A Asociación Amicos e o Plan Social de Ence traballan pola integración social e laboral das persoas con discapacidade intelectual

A Asociación Amicos e o Plan Social de Ence traballan pola integración social e laboral das persoas con discapacidade intelectual

O nacemento da Asociación Amicos no ano 2000 deu resposta á necesidade dun grupo de nais e pais que requirían unha atención profesional para as necesidades dos seus fillos/as, con discapacidade intelectual. Catro anos despois, este proxecto deu un gran paso coa inauguración do seu primeiro Centro de Día na comarca do Barbanza.

Actualmente, esta organización sen ánimo de lucro atópase no seu momento de maior actividade da man do Plan Social de Ence Pontevedra. Más de 100 persoas traballan co obxectivo de favorecer o desenvolvemento integral dos usuarios da Asociación, así como por ofrecer o apoio necesario a este colectivo e ás súas familias “as 24 horas do día dos 365 días do ano”.

Co apoio de Ence, a Asociación Amicos está a executar diferentes iniciativas destinadas á conservación do medio ambiente, a inclusión social, a educación e o desenvolvemento sostible. Estas accións, enmarcadas no Plan Social, permiten a integración laboral e social de persoas con discapacidade intelectual, trastornos do espectro autista, e parálise ou dano cerebral.

“Ver como as persoas con discapacidade superan retos, desenvolven habilidades e gañan autonomía é profundamente gratificante, cada progreso e logro son motivo de celebración”, declara Juan Gabriel, responsable da área de comunicación de Amicos. O seu representante quixo poñer en valor tamén o “gran sentido de propósito e satisfacción que achega o contribuír a crear unha sociedade máis inclusiva e equitativa”.

Unha gratificación que vai a máis con accións como a organizada o 19 de xuño no C.E.I.P Xunqueira 2. Unhas xornadas de formación e sensibilización nas que 200 nenos do colexio pontevedrés aprenderon dunha forma lúdica sobre reciclaxe e a importancia do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), con diferentes xogos tutelados polos usuarios/as da Asociación.

A entidade espera seguir colaborando co Plan Social de Ence Pontevedra nas próximas edicións co obxectivo de seguir impulsando a dinamización dos ODS entre a poboación e a conservación do patrimonio natural, “coidando dos montes e os bosques á vez que coidamos das persoas con discapacidade e as súas familias”, asegura Juan Gabriel.

A través deste apoio, Ence mostra o seu compromiso co benestar das persoas en situación de vulnerabilidade, contribuíndo a facilitar a súa integración social e profesional.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)