
Apoiamos o deporte como motor de inclusión: nace unha nova edición de PONTE-DEPORTE da man de COGAMI
En Ence cremos que a inclusión social pasa por impulsar proxectos que melloran a vida das persoas desde todos os ámbitos. Por iso, un ano máis, o Plan Social de Ence en Pontevedra volve apoiar a COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) no desenvolvemento de PONTE-DEPORTE, unha iniciativa que utiliza o deporte como ferramenta de transformación social.
Un proxecto que crece con cada paso
PONTE-DEPORTE é un programa deportivo inclusivo, pensado para que persoas con discapacidade poidan acceder a actividades adaptadas que fomentan a autonomía, a saúde e a participación social. A iniciativa incorporou importantes novidades, como a natación adaptada na piscina accesible de Campolongo e o pádel adaptado en instalacións especializadas.
Grazas ao apoio continuado do Plan Social de Ence, este proxecto logrou consolidarse e crecer, chegando este ano a 80 persoas participantes e ampliando as súas disciplinas e recursos. “Sen o apoio do Plan Social de Ence non poderiamos levar a cabo moitas destas actividades”, explica Ángel Holguera, presidente de COGAMI.“O custo de materiais específicos como bicicletas adaptadas ou cadeiras deportivas resulta inasumible na maioría dos casos”.
Unha aposta pola saúde, o benestar e a accesibilidade real
Ademais das actividades acuáticas, o programa inclúe propostas como ioga adaptado, sendeirismo inclusivo pola contorna do río Lérez e cicloturismo en roteiros accesibles. Todo iso acompañado por profesionais especializados que adaptan a experiencia ás necesidades individuais de cada participante, priorizando o goce, o respecto aos ritmos persoais e a mellora da saúde física e emocional.
Desde COGAMI destacan que o deporte non só ten beneficios físicos, senón que é tamén unha vía moi potente para fomentar a autoestima, a participación activa e o sentimento de pertenza. “O deporte é saúde, é motivación e tamén unha forma de compartir, de crear comunidade”, sinalan desde a entidade.
Sensibilizar para construír unha sociedade máis empática
O proxecto tamén contempla accións de sensibilización en centros educativos de Pontevedra, onde persoas usuarias e profesionais de COGAMI comparten a súa experiencia en primeira persoa para visibilizar os retos da accesibilidade e promover unha cultura inclusiva desde a infancia.
Unha colaboración que aposta pola sustentabilidade
Desde Ence, nos enorgullece que o Plan Social haxa podido contribuír a consolidar esta iniciativa ao longo dos anos. Cremos nun modelo de acción social que non só responda a necesidades inmediatas, senón que xere impacto positivo e sostible a medio e longo prazo.
Algunhas das actividades de PONTE-DEPORTE poderán manterse nas futuro grazas ao equipamento xa adquirido, o compromiso do voluntariado e novas fórmulas de colaboración.
Seguiremos apoiando este tipo de iniciativas que promoven igualdade de oportunidades, saúde e calidade de vida para todas as persoas.