O CR Ría de Marín, única entidade dedicada ao fomento del Remo en la comarca, mellora as súas embarcacións de la mano del Plan Social

[addtoany]

Produto da arraigada cultura mariñeira presente na sociedade da localidade de pontevedresa de Marín, nacía en 1987 o Club de Remo Ría de Marín. Esta entidade, que actualmente é a única dedicada a actividades relacionadas coa práctica, divulgación e fomento do remo nos municipios de Pontevedra, Poio e Marín, permite que os seus integrantes, máis de medio centenar de mozos da comarca, poidan gozar deste bonito deporte.

Nesta última tempada o obxectivo do Club era seguir crecendo da man do Plan Social de Ence Pontevedra, “unha colaboración fundamental” en palabras do seu presidente José Ramón García. “A axuda do Plan Social é a única que nos permite comprar material, o resto das subvencións que recibimos só están enfocadas aos gastos procedentes da actividade deportiva”, destaca José Ramón.

É importante ter en conta que as embarcacións e o material que se emprega no remo é voluminoso e caro debido a que, tal e como explica o seu presidente, “non existen fabricantes de barcos en España e temos que buscar provedores internacionais”. A isto súmase o feito de que “non se fabrican embarcacións de gama baixa”, o que provoca un investimento aínda maior e limita o número de barcos dispoñibles por parte do Ría de Marín.

Evidentemente, esta realidade repercute de forma directa na capacidade que ten o club á hora de facer fichas a todos aqueles mozos que mostran interese por esta disciplina deportiva. “Temos un tope de 54 fichas na nosa organización e, a pesar de que estamos orgullosos de alcanzalo, o noso obxectivo é mellorar o material dispoñible e ampliar as nosas instalacións para poder ofrecer a un maior número de nenos/as esta actividade”, confesa José Ramón.

Nesta liña, coa chegada do verán e a pausa da actividade deportiva, o CR Ría de Marín aproveitou para poñer a punto varias embarcacións que necesitaban reparación. Estas serán utilizadas xa durante o curso de verán e estarán listas para o comezo da próxima tempada.

Así, esta entidade segue renovando a súa infraestrutura para, ademais de seguir promocionando deste deporte e os hábitos saudables, contribuír a que aqueles mozos que queren competir ao máximo nivel nos diferentes campionatos autonómicos e nacionais nos que participa o club, poidan facelo “en igualdade de condicións, co material necesario e unhas instalacións que estean á altura destes retos”, declara o seu presidente.

Desde o Club de Remo Ría de Marín, desexan “seguir contando co apoio de Plan Social de Ence Pontevedra para continuar fomentando a práctica do Remo Olímpico e o Remo de Mar, brindando oportunidades á mocidade local”.

NOTICIAS RELACIONADAS