Cogami e o Plan Social de Ence únense para romper as barreiras existentes na práctica do deporte adaptado

Cogami e o Plan Social de Ence únense para romper as barreiras existentes na práctica do deporte adaptado

O deporte para persoas con mobilidade reducida é unha oportunidade de lecer, diversión, e mesmo socialización, para aqueles a os cales o levantarse cada día supón un todo un reto. Con todo, e a pesar do impacto positivo que pode chegar a ter unha sesión deportiva para as persoas de mobilidade reducida, en ocasións non resulta un exercicio fácil de levar a cabo, debido a que o custo do material non sempre é accesible para certas economías particulares, ocasionando que a súa práctica sexa limitada en moitos casos.

O Plan Social de Ence en Pontevedra, sensible a esta realidade grazas ao labor de concienciación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), colabora co proxecto “Vive o deporte, vive Pontevedra” cuxo obxectivo é romper as barreiras existentes na práctica do deporte adaptado, proporcionando así unha oferta deportiva que fará posible que persoas con discapacidade teñan acceso a actividades recreativas, nunha contorna didáctica e inclusiva.

Co apoio do Plan Social de Ence en Pontevedra, Cogami tivo a oportunidade de adquirir unha bicicleta adaptada, outorgándolle a posibilidade de gozar da práctica deste deporte a 89 persoas con discapacidade. Así, esta entidade organizou un conxunto de actividades ao redor de varios roteiros polo paseo do Río Lérez e a Illa das Esculturas de Pontevedra, tanto en bicicleta adaptada como en bicicletas convencionais e cadeiras de rodas.

Ángel Holguera, presidente de Cogami, quixo agradecer a Ence a súa colaboración a favor da inclusión das persoas con discapacidade da provincia. “Esta non é a primeira vez que a empresa colabora coa nosa entidade e apoia os proxectos de lecer e participativos que lle presentamos, algo do que estamos moi agradecidos”, sinalou.

Ence apoia este tipo de iniciativas a favor da inclusión social de persoas con discapacidade, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa calidade de vida e ofrecer novas formas de relacionarse e practicar actividades deportivas para este colectivo.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)