A captura de marisco en Raxó, unha tarefa artesanal e centenaria

A captura de marisco en Raxó, unha tarefa artesanal e centenaria

Corría o ano 1934 cando se fundou a Confraría de Pescadores de Raxó, situada na marxe dereita da Ría de Pontevedra. Case 90 anos de traxectoria como centro de representación dos sectores produtivos da pesca e o marisqueo de baixura ou artesanal.

A Confraría de Raxó abarca a todos aqueles profesionais dedicados a obter mariscos como a navalla, a ameixa e o longueiron de forma manual, e o seu ámbito de actuación engloba os portos de Combarro, Raxó e A Canteira.

O marisqueo a pé é unha arte centenaria que leva realizando desde fai xeracións. Realízase con anciño ou cunha gancha máis longa para chegar aos moluscos dependendo da altura da auga, e en ocasións debe realizarse desde unha barca cando a ría non se atopa en baixamar para facilitar o traballo aos mariscadores.

Precisamente esta circunstancia obriga a que polas tardes, a confraría realice labores de vixilancia co fin de controlar as capturas que posteriormente chegan á Lonxa de Campelo, no municipio de Poio. Aquí é onde o Plan Social de Ence en Pontevedra contribuíu, achegando unha axuda para a construción dun novo barco de vixilancia marítimo para a confraría.

Previamente, na edición de 2019, o Plan Social axudou á confraría para adquirir unha cámara subacuática para a gravación dos fondos mariños, e para a adecuación e acondicionamento do seu local de traballo, co obxectivo de dotar de certa comodidade e implantar novas tecnoloxías no lugar que faciliten o traballo dos empregados e responsables.

Para Ence, a través da liña de axudas do seu Plan Social destinada a “Emprendemento e Innovación”, esta axuda significa poñer en valor o traballo das persoas que faenan na ría e realizan un labor de marisqueo e pesca sostibles, de gran tradición en Galicia. Para Iago Tomé, Patrón Maior da Confraría, “trátase dunha serie de actuacións para a mellora e competitividade da Confraría, que sen a axuda de Ence, sería moi difícil levar a cabo”.

Ence, a través do seu Plan Social, mostrou así o seu apoio á dedicación da xente do mar, co impulso a actividades produtivas que son fonte de riqueza e emprego na comarca, e compatibles cun uso sostible dos recursos que nos proporciona o rico ecosistema mariño.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)