Ence Rowing Cup, un impulso aos deportes naúticos na Semana Abanca

Ence Rowing Cup, un impulso aos deportes naúticos na Semana Abanca

A Semana Abanca naceu no ano 2014 como froito da herdanza da Semana Caixanova e da Semana Novagalicia Banco, da man de Manuel Pedro Seoane (como Director Xeneral de WOR60 e de Triente), Antonio Vello Puga (que é na actualidade Director de Relacións Institucionais de Hijos de Rivera) e Juan Díaz Arnau (entón Director Comercial de Caixanova e posteriormente Director Xeneral de Novagalicia Banco).

Este macro evento ten dúas premisas básicas: a primeira, que a medio prazo todos os deportes náuticos saudables estean na competición e a segunda, que o ámbito do mesmo irradie a outras zonas ibéricas.

Na súa primeira edición, a Semana Abanca contou con eventos no Gran O Porto e na Coruña. Pronto entrou na ría de Pontevedra, posteriormente na ría de Sada e como colofón na baía de Xixón. A duración pasou de dúas ou tres semanas, nos seus comezos, á quincena de ciclos que ten actualmente.

Entre os deportes que alberga destaca a vela, seguida moi de preto polo remo -nas súas vertentes de olímpico, tradicional e de mar- e o piragüismo.

Cabe destacar que o ano 2020 foi un ano moi complicado para a Semana Abanca. A pesar dos inconvenientes creados pola pandemia, logrouse conformar un macro evento de calidade que comezaba coas probas de piragüismo na excelente pista da ETEA en Vigo, no que se lograron cotas importantes de participación: 250 embarcacións participantes en kaiak de mar e unhas 400 en kaiak de pista. Ademais desta, tamén houbo outro tipo de competicións de esquí náutico e wakesurf, en Barro de Miño.

Para seguir fomentando o deporte, Ence colabora con Triente S.L. nas actividades que realiza, en concreto, no proxecto ENCE ROWING CUP, máis coñecido como Semana Abanca, que ten como obxectivo competicións de remo basee e escolar. Así mesmo, contan co apoio do Concello de Marín desde o 2015.

En 2020, o 11 de setembro, celebrouse no Concello de Marín o ciclo 2 (Copa Galicia de Bateis Ence- Concello de Marín) e o ciclo 3 (Campionato Ence – Concello de Marín de Remo Ergonómetro Escolar) o 13 de setembro. Sucédense edicións inimaxinables como aquela que albergou o Mundial de Platú 25 con 93 platús na auga, ou aquel Meeting Pescanova que gañou o “kaiser” Julien Autenriech con 413 optimist. Ademais, hai uns anos, A Xunta de Galicia, a proposta do entón Director Xeral de Deportes, Santiago Domínguez, concedeulle á Semana o rango de “Evento Estratéxico nº1 do Deporte de Galicia”.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)