O baloncesto como actividade promotora da saúde e a unión de equipo, un labor impulsado pola Federación Galega de Baloncesto

O baloncesto como actividade promotora da saúde e a unión de equipo, un labor impulsado pola Federación Galega de Baloncesto

Corría o ano 1891 cando un profesor dunha Universidade de Massachussets (Estados Unidos), reuniu aos seus alumnos para ensinarlles un tipo de xogo que consistía en encestar un balón de fútbol nunha cesta para colleitar futa. A este momento coñéceselle como a invención do que hoxe coñecemos como o deporte do baloncesto.

Segundo datos de diferentes entidades, o baloncesto é o sétimo deporte con máis seguidores do mundo, cun total de 825 millóns de afeccionados ao longo e ancho do planeta, despois doutros como o fútbol –deporte con máis seguidores a nivel global–, e outros como o tenis ou o voleibol.

En España, hai máis de 3.000 clubs de baloncesto que disputan desde a liga Nacional ACB –a máis alta categoría deste deporte–, ata as divisións rexionais e menores, pertencentes ás diferentes comunidades autónomas e municipios repartidos pola xeografía española. Para a correcta administración e xestión de todos os clubs, existe un organismo a nivel nacional, a Federación Española de Baloncesto, que organiza a maior parte das ligas e supervisa as competicións de clubs.

En Galicia, a súa homóloga é a Federación Galega de Baloncesto, unha entidade que reúne a xogadores, adestradores e árbitros, así como clubs, asociacións, agrupacións e a totalidade de entidades dedicadas á práctica do baloncesto no territorio galego. Este organismo ten como obxectivo promocionar o desenvolvemento e práctica do baloncesto, regulamentar e coordinar o aspecto técnico e organizar os campionatos e competicións da súa xurisdición.

Para colaborar en que a Federación Galega de Baloncesto continúe realizando o seu labor, o Plan Social de Ence en Pontevedra achegou unha axuda que busca financiar diversas actividades que logren difundir os beneficios da práctica do baloncesto entre a poboación, e a importancia de fomentar a camaradería e o sentido de equipo para a saúde física e mental dos máis novos.

Con estes obxectivos, apóiase a práctica dun dos deportes con maior número de afeccionados a nivel mundial no territorio galego, dando soporte ás diversas actividades para fomentalo, que repercutan nun beneficio en termos de saúde e benestar a nivel autonómico.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)