Construíndo unha atención integral para o cancro

Construíndo unha atención integral para o cancro

O apoio psicolóxico ao paciente con cancro é clave para a súa recuperación. “Lideramos o esforzo da sociedade española para diminuír o impacto causado polo cancro e mellorar a vida das persoas” comezaron relatando desde a Asociación Española Contra o Cancro da provincia de Pontevedra.

Durante o ano pasado, desde a AECC, levaron a cabo un total de 14.097 intervencións na contorna da provincia de Pontevedra. O seu obxectivo é ser capaces de chegar ata o último afectado por esta enfermidade. Especialmente, a aqueles que están a afrontar os momentos máis difíciles desta doenza. “Sabemos que é necesaria unha especial atención á poboación oncolóxica máis fráxil: pacientes e familias que, no curso da evolución da enfermidade enfróntanse ao final da vida” sinalan desde a Asociación.

Para poder conseguir ese propósito, conta coa axuda do Plan Social de Ence Pontevedra. Desde a AECC explícannos que o proxecto presentado “ten como obxectivo mellorar a calidade de vida dos enfermos oncolóxicos avanzados e dos coidadores informais”.

Así mesmo, trasladáronnos o seu desexo de poder dotar aos pacientes de todo o material necesario para afrontar a enfermidade da mellor maneira posible, así como formar ás persoas coidadoras para que leven o proceso coa maior fortaleza emocional e coñecementos posibles. “Actualmente, non existe unha verdadeira atención integral (bio-psico-social-espiritual) especializada e continuada ás persoas no final da súa vida. Por este motivo, desde a Asociación queremos garantila” destacan.

Desde a Asociación Española Contra o Cancro, quixeron agradecer a Ence o seu apoio. Neste sentido, admiten que esta axuda é esencial, xa que sen ela resultaríalles complicado afrontar a compra do citado material, debido ao seu elevado custo.

Desde Ence queremos aproveitar esta semana, na que se conmemora o Día Internacional da Loita Contra o Cancro de Mama, para concienciar á poboación sobre a importancia da detección temperá, o diagnóstico adecuado e o tratamento oportuno, así como sobre a transcendencia de seguir investigando sobre esta enfermidade.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)