“Que grandes empresas, como Ence, apoien tan forte ao deporte é un orgullo para a nosa comunidade”
Non tivo que probar moitos deportes Iván García para saber que o taekwondo era o seu. Ocorre ás veces que os pequenos van saltando de cancha en cancha ata que atopan esa actividade que lles atrapa. Non foi o caso deste pontevedrés que leva máis de 20 anos practicando taekwondo, “toda a vida ligado ao deporte”, indica.
Aos 5 anos ocorréuselle penetrarse neste mundo, ao principio “meramente por practicar deporte e aprender a defenderme”, admite, unha sensación que durou ben pouco, a pesar de que nunca soñara con ser taekwondista. “Realmente dedicarme ao taekwondo nunca foi a miña idea, simplemente fóronse dando os pasos necesarios para poder facelo”, comenta, pero tampouco nunca renunciara a selo.
Aos seus 26 anos, Iván pode presumir de ser xa un experimentado deportista nesta rama das disciplinas de artes marciais. Non é para menos cando participou en numerosos campionatos internacionais e ostenta no seu palmarés dúas medallas europeas e unha mundialista. “O meu maior logro é a medalla mundial, é unha sensación indescritible. Gozas de tal sensación de éxtase e vives tanto en tan pouco tempo que non é imaxinable se queira”, resalta.
Gran parte dese camiño percorreuno acompañado do Plan Social Ence Pontevedra, unha axuda á que acudiu novamente nesta edición e coa que pretendía clasificarse para os Xogos Olímpicos de París 2024. Esta é unha espinita que ten cravada despois de non logralo: “se non chega a ser pola lesión deste ano pasado, teño claro que estivese clasificado, sen dúbida”, afirma. Algo que non lle frea para seguir marcándose obxectivos ambiciosos: “o meu obxectivo deste ano é quedar campión de Europa; quero seguir demostrando que son do mellor que hai no mundo neste deporte, e a miña única forma, polo menos por agora, é esa”, destaca.
E é que o soño olímpico estivo preto de cumprirse, pero Iván non pensa renderse e loitará para logralo no próximo ciclo. Porque, cando lle preguntas polo seu soño, non o dubida nin un segundo: “clasificarme para os Xogos Olímpicos”.
É o soño de case todo deportista e non é diferente no caso de Iván, como tampouco sorprende que non imaxine unha vida apartada do deporte e a súa idea de futuro sexa combinar todo o que o taekwondo lle ha dado con outro dos seus grandes hobbies, o mundo da empresa. “Seguramente me acabe dedicando ao mundo empresarial, aínda que non teño claro de que forma; pero si se que acabarei vinculado a algo relacionado cun proxecto persoal, compartindo e ensinando as miñas vivencias”, declara.
Iván seguirá loitando por lograr o seu obxectivo, e ten claro que o Plan Social estará ao seu lado ata que o consiga. “Necesitamos estas axudas para poder conseguir sacar nosa mellor versión. Que grandes empresas, como Ence, apoien tan forte ao deporte é un orgullo para a nosa comunidade”, sinala.