Poio FS: Coa mira posta en profesionalizar o deporte feminino
Hai máis de dúas décadas naceu en Combarro un proxecto pioneiro no fútbol sala. No ano 1997 creábase no pobo de Combarro o Ateneo Combarro, “un proxecto diferente que servise para que as mozas do municipio puidesen practicar esa disciplina”, afirman desde en club. Foron Vicente Pérez e Juanjo García, ata hai algúns meses presidente da disciplina, os que “con 15.000 pesetas” (90’15 euros), destacan, puxeron en marcha o proxecto.
O mesmo ano da súa fundación participaron na primeira competición da súa historia e dous anos máis tarde comezaron a armar a base que permitiu lograr os títulos que hoxe gardan nas súas vitrinas. En 2010 o club cambia de nome e acolle o actual ‘Poio FS’, nome co que logran o ascenso á máxima categoría do fútbol sala nacional na tempada 2012/2013.
Alí mantivéronse ata o de agora: “Sumamos xa once campañas consecutivas en Primeira División, clasificando sempre entre os oito mellores”, alegan. A falta de dous partidos para o final de tempada colócanse dentro do playoff para a disputa do título, o que supoñería un novo éxito para a entidade: “O pavillón da Seca énchese cada fin de semana para alentar ás mozas. É un exemplo para moitas afeccións da provincia”, subliñan.
E é que ao longo dos seus anos de historia xa sumaron catro copas Galicia ao seu palmarés e “a afección foi nomeada a mellor de España no ano 2013”, presumen. Así, o seu desexo é o de “seguir profesionalizando a estrutura” e, para iso, un apoio fundamental tiña que ser o do Plan Social Ence Pontevedra. Nesta última edición foron elixidos beneficiarios da iniciativa co seu proxecto para “profesionalizar a estrutura técnica da base, fomentar a igualdade e buscar a conciliación familiar no deporte”.
A axuda de Ence supuxo un apoio fundamental para que o club puidese potenciar todas estas facetas durante a tempada, algo que desde o club consideran fundamental: “O máis importante do Poio FS é o seu traballo en prol do deporte”. Con iso, a estrutura da entidade é cada vez máis sólida e pode dar cabida a unha visión cada vez máis profesional na que adestradoras e xogadoras poidan ter unha carreira profesional dentro deste mundo: “O respaldo de empresas como Ence fan que aquel soño que comezou hai tantos anos sexa unha extraordinaria realidade”, consideran.
Neste sentido, confían en poder seguir contando coa axuda da empresa durante as próximas edicións do Plan Social, xa que o obxectivo pasa por conseguir que o club poida seguir dando pasos de xigante e gozando dos éxitos