Spartana: Educación ambiental para protexer os niños das aves rapaces da man de Ence

Spartana: Educación ambiental para protexer os niños das aves rapaces da man de Ence

Spartana Control Service é unha empresa dedicada á educación ambiental que se dedica ao control de fauna e de pragas, entre outros servizos. Manuel Calvo Rey é o seu fundador e o encargado de xestionar este proxecto, pioneiro na xestión e control ético da fauna en Galicia.

Como beneficiarios desta nova edición do Plan Social de Ence Pontevedra, o Grupo Spartana presentou un proxecto que ten como obxectivo principal crear un protocolo de actuación polo que os rematantes de madeira poidan rexerse coa misión de salvagardar os niños no período sensible, que inclúe os meses entre febreiro e agosto, evitando desta forma tallas accidentais de árbores que albergan niños de aves rapaces.

Manuel Calvo concrétanos que entre as especies sobre as que actúa Spartana inclúense as pombas, as gaivotas ou os estorniños. Aves que, por múltiples razóns, “xeran diversas problemáticas de convivencia co ser humano”, comenta.

Desde a empresa ambiental aseguran contar con “un equipo de catro profesionais capaz de realizar as tarefas máis difíciles nas condicións máis adversas”. Manuel Calvo pon en valor tamén o seu “equipo de rapaces”, un grupo de aves adestradas coas que realizan “diversos tipos de exhibicións educativas”.

Así mesmo, cabe destacar que a colaboración de Spartana con Ence foi máis aló desde o pasado mes de maio cando os encargados de xestión de aproveitamento forestal da compañía recibiron unha formación en protección de aves rapaces en masas forestais de eucalipto con Manuel como relator.

Estas charlas, que se impartiron tanto nas biofábricas de Navia como en Pontevedra, foron unha gran oportunidade para aprender de forma amena a identificación da avifauna forestal e dos niños, a activación do protocolo de niños ou o procedemento de actuación en caso de atopar un animal ferido ou impedido.

Manuel Calvo espera que “seguir colaborando co Plan Social de Ence Pontevedra porque nos axuda a desenvolver proxectos e estudos ambientais que doutra forma serían inviables”.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)