O proxecto de Adahpo do que se benefician 90 familias dota de soporte educativo e social a mozos con TDAH
O Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade, coñecido como TDAH, consiste nun trastorno de carácter neurobiológico orixinado na infancia que implica un patrón de déficit de atención, hiperactividade e/o impulsividade, e que, en moitas ocasións, está asociado con outros trastornos comórbidos. Actualmente, en Galicia de 11.000 a 15.000 menores en idade escolar teñen, polo menos, un destes trastornos, cifra que constitúe entre un 5% e un 7% do alumnado.
A Asociación Déficit de Atención e Hiperactividade de Pontevedra (Adahpo) leva desde o ano 2012 realizando un gran traballo para axudar a mellorar a sintomatoloxía derivada do TDAH daqueles nenos/as e adolescentes que o padecen. Neste sentido, a asociación busca a forma de reducir a aparición de problemas asociados a nivel conductual, cognitivo, social e emocional, e minimizar as dificultades de aprendizaxe xeradas pola propia natureza do trastorno.
Como beneficiarios desta última edición do Plan Social de Ence Pontevedra, Adahpo desenvolveu un proxecto co que buscan ofrecer un soporte educativo e social a estes mozos mediante a Terapia Cognitivo Conductual. Unha terapia a través da cal os seus usuarios identifican e comprenden como pensan acerca de si mesmos, doutras persoas e do ámbito que lle rodea, e como o que pensan afecta á súa forma de actuar e ao que senten.
Tal e como afirma Silvia Suárez, psicopedagoga de Adahpo, “é importante ter en conta que todos estes trastornos teñen incidencia a nivel emocional”, debido aos problemas de autoestima e estigmatización que xera nestes mozos observar certas dificultades que poden ter no desenvolvemento de aprendizaxe conforme a outras persoas da súa contorna. “Moitas veces cústalles ter conciencia sobre estes problemas e iso failles dano sentimentalmente”.
Neste punto, é onde o labor desta Asociación é fundamental, axudando ás preto de 90 familias que xa se beneficiaron do proxecto que desenvolven da man do Plan Social de Ence. Mediante diferentes métodos educativos e lúdicos traballan con estes mozos/as tanto a súa conduta como as súas habilidades sociais, proporcionándolles ferramentas que lles sirvan de axuda para mellorar a súa adaptación coa contorna no que conviven.
Un soporte educativo que “supón un beneficio enorme para as familias” e que, de non ser polo Plan Social, supoñería un 40% máis de gasto económico “se se quixese realizar coa mesma profesionalidade”, confesa Silvia. Por iso, define como “súper importante” a implicación de Ence no proxecto porque, se non, “habería núcleos familiares que non se poderían beneficiar destas terapias”, declara.
A Asociación presentará de novo un proxecto na xa estreada convocatoria do Plan Social de 2024 coa que Ence seguirá axudando a entidades que, como Adahpo, exercen cada día unha gran influencia na promoción pola inclusión social na área xeográfica da comarca de Pontevedra.