‘Plántalle cara á dor’: comprometidos coa mellora da calidade de vida das persoas maiores en Pontevedra a través do Plan Social

‘Plántalle cara á dor’: comprometidos coa mellora da calidade de vida das persoas maiores en Pontevedra a través do Plan Social

En Galicia, unha das comunidades máis envellecidas de Europa, a dor crónica converteuse nunha presenza constante, especialmente entre as persoas maiores. Unha realidade que moitos asumen como parte inevitable de envellecer, sen saber que existen alternativas.
Co programa Plántalle cara á dor, a liga Reumatolóxica Galega (LRG) quere cambiar esa percepción. Esta iniciativa, que conta co apoio do Plan Social de Ence Pontevedra, ofrece acompañamento psicolóxico, ferramentas prácticas e espazos de escoita para quen sofre dor sen respostas.
Desde a entidade advirten que o idadismo, aínda moi presente, alimenta esta resignación. “Moitas persoas maiores cren que non poden pedir axuda, que a súa dor é ‘o normal’. E cando o fan, fano con culpa, coma se estorbasen”, explican Ana Isabel Vázquez, presidenta da entidade, e José León, xefe de Proxectos Sociosanitarios.
O programa combina sesións individuais e grupais centradas en técnicas como a terapia cognitivo-conductual, o mindfulness ou o traballo coa contorna familiar. Os representantes da entidade aseguran que se atopan con persoas sen diagnóstico, que descoñecen os recursos dispoñibles para mellor a súa calidade de vida. “Ao principio senten culpabilidade, logo sorpresa e, finalmente, esperanza”, destacan.
Más de 300 persoas beneficiadas
Grazas ao respaldo do Plan Social de Ence, a LRG puido reforzar a súa presenza na provincia. “Este apoio permítenos consolidar o equipo terapéutico e chegar a máis persoas con atención presencial”, comentan sobre este proxecto, no cal se estima que participarán máis de 300 persoas maiores. “Xa estabamos aquí, pero agora ampliamos o noso alcance”, resumo.
A LRG naceu hai case 30 anos para dar voz a pacientes con enfermidades reumáticas entón invisibles. Hoxe, ademais de loitar contra o estigma, traballa por empoderar ás persoas maiores para que vivan con autonomía. “O obxectivo non é só aliviar a dor, é transformar a maneira de enfrontalo”, reivindica desde a entidade.
E é que a súa mensaxe é claro: envellecer non debe significar resignarse á dor. Por iso, a entidade seguirá traballando para que ningunha persoa maior afronte a dor en soidade, e para que a sociedade deixe de consideralo unha peaxe inevitable do paso do tempo.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerle cuando vuelve a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.