Proxectos que chegan ao corazón
A incidencia do cancro infantil en España é de 155,5 casos novos anuais por millón de nenos/as con idades comprendidas entre os 0 e os 14 anos. É dicir, diagnostícanse preto de 1.400 novos casos de nenos con cancro cada ano en España. Con todo, a taxa de supervivencia a 5 anos dos menores afectados por esta enfermidade anos alcanza case o 80 por cento.
Aínda así, o cancro infantil segue sendo moi difícil de soportar psicoloxicamente tanto como para os pacientes como para as súas familias. Por iso xorden proxectos que tentan dar apoio e facer máis levadía esta situación xa de seu complicada.
O Plan Social Ence Pontevedra contribúe coa asociación “Bicos de papel”, pertencente á Asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, no seu proxecto de apoio ao menor con diagnóstico oncolóxico e ás súas familias. O obxectivo deste proxecto é desenvolver un amplo marco de actividades que teñen por obxecto a promoción e mellora do benestar do menor e a súa familia.
Unha destas actividades para desenvolver é a intervención e servizos de carácter técnico-profesional con atención psicolóxica, xa que as necesidades emocionais que son comúns a todos os nenos/as, aínda que non estean enfermos. Inclúen a necesidade de sentirse queridos, de desenvolver un sentimento de pertenza, de obter unha sensación de logro, de seguridade e de auto-coñecemento. Este tipo de necesidades, ás veces, están insatisfeitas pola alteración da rutina diaria e o contacto reducido con quen pode satisfacelas.
Ademais, tamén poden darse situacións de temor e sentimentos de culpa e inutilidade que requiren de apoio, agarimo, empatía, comprensión, aprobación, amizade, seguridade, compaixón e desculpa. Cada fase da enfermidade xera necesidades específicas de atención. Por exemplo necesidades de información que están presentes ao longo de todo o proceso da enfermidade e especialmente nos seus inicios, o control de síntomas, a redución de medos, etc.
A todo isto contribúe Ence desde o seu Plan Social de Pontevedra, para garantir o benestar dos nenos e nenas e as súas familias. A achega da compañía destínase, igualmente, á adquisición de material específico, así como a axudas para satisfacer necesidades básicas e específicas dos menores e das súas familias nos contextos máis agudos da doenza e, por último, á realización de actividades de voluntariado con especial énfase no apoio e acompañamentos do neno afectado e a súa familia.
Desta maneira, desde Ence apóiase e acompáñase ás familias, dando soporte a proxectos como “ Bicos de Papel”, que se basean nun especial agarimo e esmero cara á nosa infancia.