Buscando a igualdade de oportunidades en materia de educación, un investimento en futuro
Un estudo elaborado pola ONG Save The Children no ano 2015, reflicte datos preocupantes en relación á taxa de abandono escolar entre os alumnos en España. Segundo este informe, no noso país, un de cada tres nenos vive en risco de pobreza ou exclusión social, e as taxas de repetición, abandono, fracaso escolar e absentismo resultan alarmantes.
Os datos advirten de que un de cada tres estudantes á idade de 15 anos repetiu polo menos unha vez curso; ao redor do 30% dos alumnos de secundaria non obtén o graduado en ESO e a taxa de abandono escolar temperán (23,5%) case duplica á media europea (12%). O estudo tamén suxire unha estreita relación entre o abandono escolar e a realidade familiar no fogar de procedencia dos alumnos.
Non é difícil adiviñar a situación pola que pasa un neno con dificultades no fogar á hora de poñer toda a súa atención nos seus estudos e planificar o seu futuro académico e profesional. A situación moitas veces tórnase insostible, e o estudante debe deixar ao carón os seus estudos para prestar axuda en casa, ou pasar polas múltiples dificultades dos seus proxenitores para asumir o custo do material escolar e mesmo a imposibilidade destes a prestarlle axuda cos deberes.
Nestes casos, o apoio informativo, e o contar cunha tutorización e axuda por parte de profesionais especializados en pedagoxía, pode reverter a situación de fracaso escolar. É aquí onde entra en xogo Cooperación Internacional, quen, atendendo aos preocupantes datos de España, traballa en poñer o seu granito de area nesta causa.
O Plan Social de Ence en Pontevedra, sensible a esta realidade, apoiou o proxecto desta entidade, a cal ampliou o seu campo de acción á capital das Rías Baixas, tras obter resultados en Santiago de Compostela, onde leva anos con iniciativas similares. Alberto Peña, Portavoz de Cooperación Internacional para este proxecto, afirma que este está dedicado a dar asistencia a familias en risco de exclusión social na súa faceta educativa, e tamén a formar aos pequenos de familias emigradas, cun reforzo de contexto social e integración.
O obxectivo, segundo Alberto Peña, é “prestarlles un apoio diario, na que os nosos voluntarios dedícanlles as tardes para prestarlles axuda cos deberes e facilitarlles a mellora do rendemento académico”. Pero, ademais das actividades de estudo, os nenos realizan distintos talleres nos que poden desenvolver distintas capacidades e mellorar na súa relación cos demais: baile, saídas culturais, manualidades, etc. Todo iso enfocado a potenciar a súa formación integral, inculcándolles valores como o esforzo, a constancia, o traballo en equipo, ou o apoio ao que o necesita.
Esta iniciativa beneficiaria do Plan Social, tamén abarca a contorna dos alumnos, apoiando en todo momento aos proxenitores e prestándolles asesoramento na procura de emprego, así como planificando reunións semanais para coñecer as súas inquietudes e as dos seus fillos en múltiples cuestións.
Para o Plan Social de Ence, participar neste proxecto supón estar comprometido co futuro dos mozos a través da educación desde a igualdade de oportunidades, favorecendo a ilusión dos estudantes por desenvolverse no académico e fomentando a motivación na súa educación, que será a chave do seu futuro.