Manter as praias limpas de algas para preservar o ecosistema mariño e salvagardar o marisco, obxectivo de Lonxa de Campelo na Ría de Pontevedra
En 2019, o diario La Voz de Galicia recollía nas súas páxinas un artigo achega do argazo, unha especie de macroalga daniña para os bivalvos, que todos os veráns fai aparición nas praias das Rías galegas de forma masiva, e que nalgúns contextos xa se coñece como “a velutina de mar”.
Os bancos marisqueiros das rías de Vigo, Pontevedra, Arousa e Muros-Noia amencen cada verán completamente cubertas deste tipo de alga, que compromete os seus cultivos de marisco ata o punto de asfixialos, xa que o seu efecto déixaos sen osíxeno suficiente para sobrevivir.
Esta situación obriga ás Confrarías de Pescadores a levar a cabo un intenso labor de limpeza das praias e adquisición de materiais para manter libres desta especie as beiras e así librar ao marisco de parecer pola falta de osíxeno, que ademais resulta unha ameaza para os ecosistemas ao ser un risco para outras moitas especies.
Desta forma, e co obxectivo de preservar os cultivos de marisco na Ría de Pontevedra, a Lonxa de Campelo contou coa axuda do Plan Social de Ence en Pontevedra para o mantemento de tractores cos que levar a cabo a limpeza das praias desta alga.
Grazas a esta axuda, a Lonxa de Campelo poderá manter en niveis de osíxeno compatible co marisco as costas onde realiza a súa actividade, co obxectivo de manter libre de algas de arribazón os bivalvos que se cultivan na Ría de Pontevedra. Co impulso a esta limpeza nas praias, a Lonxa de Campelo e o Plan Social de Ence contribúen a salvagardar as especies mariñas e o cultivo do marisco na Ría de Pontevedra, que tan fortemente ven afectados por esta especie.