“Non estás só”: O proxecto desenvolvido por Vida Digna que combate a soidade con humanidade

“Non estás só”: O proxecto desenvolvido por Vida Digna que combate a soidade con humanidade

Nun momento no que a soidade se ha convertido nunha das grandes pandemias silenciosas, a Asociación Vida Digna puxo en marcha o proxecto Non estás só, unha iniciativa que busca tender pontes alí onde o illamento levantou muros. Co apoio do Plan Social de Ence Pontevedra, o programa ofrece algo máis que asistencia: ofrece presenza, escoita e vínculos reais.
“O obxectivo é claro: acompañar emocionalmente a quen vive en soidade. Queremos que cada persoa senta vista, valorada e tida en conta”, explica Jose Rodríguez, coordinador de proxectos da Asociación. Un acompañamento que se traduce en accións concretas: visitas domiciliarias, chamadas telefónicas, encontros grupais e derivacións a servizos especializados.
Más de 100 persoas beneficiadas
A través desta rede de coidados, máis de 100 persoas xa comezaron a recuperar algo tan básico como o sentido de pertenza. “Atopámonos con persoas maiores que perderon aos seus seres queridos, con outras que viven en pobreza extrema ou que sofren algunha discapacidade. Moitas levaban anos sen que ninguén lles escoite de verdade”, relata Jose. Nas primeiras visitas, o silencio domina pero, aos poucos, as palabras e os sorrisos volven aparecer.
Hoxe, moitas destas persoas esperan estas visitas con ilusión, participan en actividades grupais e atrévense a pedir axuda. “Dinnos que xa non senten invisibles, que volven sentir que os seus días teñen sentido”, engade o coordinador.
Pero esta iniciativa ten ao seu gran motor no equipo de voluntariado involucrado no proxecto. Son quen sostén coa súa presenza cada historia con “humanidade, calidez e tempo”. “Recibimos moito máis do que damos”, repiten a miúdo. Por iso, desde Vida Digna dan unha gran importancia a coidar especialmente a súa formación e acompañamento, sabendo que “ofrecer apoio emocional require sensibilidade e preparación”, asevera Jose.
Respaldo do Plan Social
Aínda que os recursos son limitados, o respaldo que a Asociación recibe desde o Plan Social de Ence Pontevedra permitiu iniciar o proxecto con forza. “Esa colaboración foi o impulso necesario para dar os primeiros pasos e adaptar a intervención aos recursos dispoñibles.
Desde Vida Digna a mensaxe é claro: “Non é polo que facemos, senón por quen o fago”. Porque combater a soidade non é tarefa duns poucos: é unha responsabilidade colectiva. E todos podemos formar parte da solución.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones como reconocerle cuando vuelve a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.