‘Quérete Máis’, o programa de asistencia a vítimas da violencia de xénero que Ence apoia có seu Plan Social

‘Quérete Máis’, o programa de asistencia a vítimas da violencia de xénero que Ence apoia có seu Plan Social

O pasado ano 2020, foron 43 as vítimas mortais da violencia de xénero en España. No que vai de 2021, xa se contabiliza unha. Este problema social, que une na súa repulsa a unha diversidade de sectores e colectivos, suma cada día máis actores motivados a asistir e apoiar ás vítimas.

É o caso de ‘Quérete Máis’, unha iniciativa posta en marcha pola Asociación Rías Baixas de Pontevedra co apoio do Plan Social de Ence. Trátase dun proxecto destinado a dar ferramentas de diversa índole ás mulleres para afrontar a violencia de xénero. Así, o programa inclúe desde clases de defensa persoal, a un gabinete de atención personalizada para a muller, formado por un avogado, un psicólogo e persoal administrativo.

O Plan Social de Pontevedra apoia esta iniciativa achegando unha axuda destinada a financiar ós profesionais que participan dando asistencia ás mulleres, os relatores e monitores, así como a obter o material necesario para o desenvolvemento das diferentes actividades previstas. A oferta da iniciativa abarca tamén talleres e charlas informativas sobre diferentes aspectos relacionados coa violencia de xénero e a exclusión social que a miúdo acompaña ás vítimas.

O compromiso de Ence coa loita contra a exclusión social, a través da área de actuación do mesmo nome incluída dentro do seu Plan Social, faise patente coas achegas a proxectos destinados á protección dos máis vulnerables de Pontevedra e comarca. Con este impulso a proxectos sociais, O Plan Social de Ence achega o seu gran de area á loita contra as desigualdades e a exclusión en Pontevedra e arredores, deixando patente o seu involucramento en responsabilidades que para erradicarse, incúmbennos a todos.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)