Ence e o folclore e música galegos

Ence e o folclore e música galegos

A música e o folclore tradicionais forman parte fundamental da cultura e da identidade galega. Cóntanse por centenares as entidades, asociacións e colectivos que velan por manter esta riqueza inmaterial, conservala, darlle lustro, e crear un futuro para ela, a través da transmisión ás novas xeracións. Unha destas entidades é a Asociación Cultural Airiños de San Xulián, que, desde Marín, esfórzase por consolidar este legado de tan enorme valor.

A súa actividade vese reforzada este ano a través do Plan Social de Ence Pontevedra, que achega unha cantidade de 10.000 euros para contribuír a que este colectivo logre os seus obxectivos. A súa traxectoria suma décadas no mundo da conservación e difusión da música e o baile tradicional en Galicia. 

Así, Airiños de San Xulián pode presumir de protagonizar innumerables actuacións por todos os puntos da xeografía galega, ademais de recibir, en recompensa ao seu esmero e dedicación, numerosos premios e recoñecementos, especialmente no relativo á súa banda de gaitas, o emblema do grupo.

Airiños de San Xulián tamén traballa para crear canteira, e que o coñecemento que atesouran pase de xeración en xeración. Ofrecen cursos de gaita, tambor, bombo, pandeireta ou cunchas, ademais doutras especialidades musicais, de onde van saíndo novos integrantes dos grupos de baile e gaitas. O seu reto é manter o nivel e, sobre todo, fomentar a ilusión dos membros da agrupación, sobre todo daqueles máis novos.

Ence colabora co colectivo cultural, a través do seu Plan Social, achegando estes 10.000 euros que permiten á asociación renovar todo o vestiario, xa que a maior parte das súas pezas contan cunha antigüidade superior ás tres décadas. Desta maneira, o Plan Social de Ence segue contribuíndo ao desenvolvemento e á permanencia da cultura galega, neste caso o folclore tradicional galego que, a final de contas, é algo moi noso.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)