O deporte feminino ten un piar en Ence

O deporte feminino ten un piar en Ence

Unha das iniciativas sociais ás que o Plan Social de Ence en Pontevedra destina máis recursos é ao apoio ao deporte de base. Na última convocatoria, a compañía contribuíu con 900.000 euros co fin de dar soporte a nenos e nenas que adestran co obxectivo de formarse como persoas e, chegado o caso, competir ao máximo nivel na idade adulta. É o caso do Club Poio Fútbol sala e do Baloncesto Arxil, dous dos proxectos beneficiarios do Plan Social e que máis contribúen ao fomento do deporte entre os máis pequenos.

O obxectivo do Club Poio Fútbol sala é o fomento da igualdade a través da profesionalización do equipo feminino. Segundo palabras do seu presidente, Juan José García Camiño, “somos dos poucos equipos femininos totalmente profesionalizados de España, damos de alta na Seguridade Social e pagamos un soldo digno ás nosas xogadoras e adestradores e iso podemos facelo grazas á axuda de Ence. Sen ela, quizais non estariamos na Primeira División”.

Actualmente o club está a competir na mellor liga do mundo. Ademais, doutra banda, conta con 17 equipos de base, sete dos cales compiten na liga galega e cuxo mantemento fai que os gastos se incrementen exponencialmente, por iso a axuda de Ence a través do seu Plan Social resulta “fundamental”.

O presidente do club anima a que máis empresas sigan o exemplo de Ence no apoio ao deporte xa que se trata dunha medida formadora en valores e beneficiosa para a sociedade, á vez que sinala que “un bo deportista será sempre un bo estudante, aprenderá os valores da constancia e o esforzo; a compartir, a traballar en equipo, a apoiar aos compañeiros e compañeiras, a gañar e a perder… Todo, todo é positivo”.

Nesta mesma liña atópase o Club de Baloncesto Arxil, a quen Ence axuda a financiar os gastos das competicións dos seus equipos de base, ademais dos dous eventos que se organizan anualmente para fomentar o deporte entre os mozos. É por iso que, o club convoca ao longo do ano varias citas promocionais, competicións ás que asisten máis de mil escolares, para animar aos nenos e nenas de Pontevedra a que se inicien neste deporte.

Tal e como recoñece Milagros Sanmartín Villaverde, presidenta do club, “é unha forma de que teñan un primeiro contacto co deporte e adquiran hábitos saudables. Para eles, estas xornadas representan un día de festa, de convivencia, de xogos, que cada ano están a desexar participar. Á vez, conseguimos que crezan en alores, que aprendan a xogar limpo e a traballar en equipo”. En referencia á axuda do Plan Social, apunta que é vital, xa que “axuda a resistir, é importantísimo”, xa que contribúe á supervivencia do club.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)