A innovación forestal como piar de futuro, clave para o Plan Social de Ence e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía

A innovación forestal como piar de futuro, clave para o Plan Social de Ence e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía

A innovación e a constante actualización de coñecementos, capacidades e habilidades resulta esencial en todos ámbitos. No mundo empresarial, universitario e mesmo na esfera persoal, o manter unha permanente aposta por impulsar proxectos e iniciativas novas é vital para asegurar un futuro competitivo no noso país.

Por este motivo, e dado o compromiso que o Plan Social de Ence Pontevedra mantén desde a súa primeira edición co desenvolvemento e a dinamización da actividade emprendedora e económica en Pontevedra, a compañía sumouse ao proxecto Premio Cámara de Comercio – Ence á Innovación Forestal, posto en marcha pola entidade do mesmo nome, e cuxo ámbito de actuación é a cidade de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

O proxecto céntrase na organización dun concurso establecendo dúas categorías: unha primeira dedicada a impulsar a mellor iniciativa empresarial, e unha segunda orientada a poñer en marcha un premio de investigación para o mellor traballo de posgrao innovador neste ámbito. Para a organización do premio, a Cámara de Comercio colaborou co Instituto Galego de Promoción Económica, a Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra, a Escola de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, a Agrupación industrial da Madeira e a Asociación Sectorial Forestal Galega.

Nesta iniciativa pode participar calquera persoa que conte cun proxecto innovador no sector forestal, inclinado a procesos, produtos ou servizos, e que estea orientado á xeración de valor. Doutra banda, no apartado do premio de investigación ao mellor traballo de posgrao, poderán participar aqueles estudantes de máster con experiencia docente ou investigadora inferior a 5 anos, con traballos ou publicacións presentados nos últimos 36 meses. Como galardón, o gañador da iniciativa empresarial será dotado con 5.000 euros e concederase un accésit de 2.000 euros. Pola súa banda, o premio ao mellor traballo de investigación de posgrao terá unha dotación económica de 3.000 euros e, tamén, concederase un accésit de 1.000 euros.

O Plan Social Ence Pontevedra, na súa liña de actuación destinada a achegar impulso a proxectos de emprendemento e innovación, destina 600.000 euros a colaborar con iniciativas destinadas a dinamizar a economía da zona co desenvolvemento de distintos proxectos empresariais e de investigación. Con iso, Ence quere axudar a dar saída ás ideas de entidades e particulares, que coadxuven a manter a competitividade e o dinamismo na comarca pontevedresa.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)