Asociación Rexurdir: mellorando a calidade de vida dos máis desfavorecidos

Asociación Rexurdir: mellorando a calidade de vida dos máis desfavorecidos

Desde o ano 1994, a Asociación Rexurdir de Pontevedra traballa co obxectivo de mellorar a vida dos máis desfavorecidos da sociedade. Comezou sendo unha entidade dedicada a recuperar as vidas das persoas afectadas pola drogadicción, para acabar amplificando o seu radio de acción a persoas en risco de exclusión social por calquera causa ou condición.

Así, esta entidade que mantén a maior parte da súa actividade no Concello de Pontevedra pero que tamén traballa con comunidades situadas en Santiago de Compostela, Vigo ou Vilagarcía de Arousa, busca axudar aos máis vulnerables a fuxir dunha vida de mendicidade ou das adiccións, prestándolles o seu apoio social.

Rexurdir distínguese por ofrecer toda a información pertinente para encamiñar ás persoas cara á solución das problemáticas ás que se enfrontan. Para logralo, realizan e promoven campañas de sensibilización, tanto propias como en colaboración con outros organismos e entidades e divulgan a estas persoas en risco de exclusión social os recursos sociais que teñen á súa disposición na cidade.

A este proxecto tan decisivo para contribuír a mellorar a calidade de vida de cento de persoas en risco de exclusión social sumouse o Plan Social de Ence en Pontevedra, quen brindou o seu apoio ás iniciativas postas en marcha por Rexurdir mediante unha axuda enfocada a que a entidade poida adquirir alimentos básicos, material hixiénico e mobles e outros útiles do fogar para os seus centros de apoio social.

Con esta axuda, o Plan Social de Ence contribuíu a impulsar unha mellora na calidade de vida das persoas afectadas pola exclusión social, dando unha lombeirada a entidades como Rexurdir, que buscan proporcionar unhas condicións de vida dignas e as ferramentas para saír do túnel a aqueles que máis o necesitan.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)