A formación de figuras sobre a auga, unha práctica que aúna arte e deporte nunha soa actividade
Ata o século XX, o deporte da natación artística –antes sincronizada– considerábase ballet acuático. Unha práctica maioritariamente composta por equipos de mulleres, quen, coa súa sensibilidade artística e constancia deportiva, logran crear un espectáculo que compite nos JJOO e consegue transmitir ao mesmo tempo deporte e maxia.
En España, a calidade deste deporte é tal que a selección nacional atópase habitualmente entre os primeiros postos a nivel mundial. Ao ritmo da música, as atletas realizan movementos flexibles que deixan patente a súa resistencia física deportiva e control baixo a auga.
Na práctica deste deporte, existen tres tipos de competicións: individuais, dúos e exhibicións de equipo. Os xuíces valoran a calidade técnica e á vez a capacidade artística do equipo, para posteriormente pasar a realizar unha rutina libre na que executan movementos máis artísticos e personalizados.
En Galicia, a Federación Galega de Natación é o órgano regulador de todas estas competicións, abarcando clubs e equipos que triunfan dentro das nosas fronteiras. É o caso do Club Natación Sincronizada Galaico, un equipo pontevedrés con anos de experiencia no ámbito da natación, que tamén conta cunha representación no chamado ballet da auga.
O Plan Social de Ence, colaborou no marco da súa III edición con este club, que leva anos cultivando éxitos a nivel autonómico e tamén nacional, co obxectivo de formar a novas nadadoras e axudalas en diversas facetas como a psicolóxica ou a estritamente física, co obxectivo de orientar a técnica que empregan estando na auga.
Para o Plan Social de Ence, prestar apoio ao deporte local e fomentar actividades que promovan unha vida saudable, forma parte da súa aposta polo desenvolvemento da comarca e o impulso a entidades tradicionalmente vinculadas á sociedade pontevedresa.