O fútbol sala feminino, representado no Morrazo polo Marín Futsal

O fútbol sala feminino, representado no Morrazo polo Marín Futsal

O deporte do fútbol sala ten as súas orixes en Uruguai, a comezos dos anos 30 do século pasado. Juan Carlos Ceriani, un profesor arxentino residente en Montevideo, decidiu levar a práctica do deporte rei ao interior, para aproveitar espazos previamente non usados #ante a crecente demanda de moitos mozos que o practicaban, por falta de campos adecuados, na rúa.

Para iso, empregou normativa e elementos propios doutros deportes, como o balonmán para as porterías e terreos de xogo, o waterpolo para as regras do porteiro, e o baloncesto para o número de xogadores e os tempos de duración de cada partido. En España, este xogo introduciuse no ano 1972, e foi en 1977 cando se disputou o primeiro campionato de forma semioficial.

A Federación Española de Fútbol aglutina a todos os clubs españois que practican este deporte. En España, ademais, destaca a participación feminina, disputando competicións de gran nivel e relevancia en todas as súas categorías. A selección absoluta feminina, ademais, foi subcampioa do mundo en dúas ocasións, 2011 e 2013.

En Galicia, máis concretamente no Morrazo, o Marín Futsal disputa as competicións máis esperadas da tempada. O seu equipo feminino atópase na primeira división deste deporte a nivel nacional, e habitualmente compite contra as mellores rivais.

O Plan Social de Ence en Pontevedra, na súa aposta polo impulso á práctica de hábitos saudables, e fortemente comprometido co deporte feminino, colaborou, durante a súa III edición, con este club marinense, co obxectivo de contribuír a facer del un referente do fútbol sala a nivel galego e nacional. Con esta achega o Plan Social de Ence busca apoiar a clubs que como o Marín Futsal buscan suplir co seu esforzo e traballo a falta de medios.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)