AFAPO: ensinar a coidar o cerebro

AFAPO: ensinar a coidar o cerebro

Galicia, cunha esperanza de vida de 83,7 anos, é a cuarta rexión da Unión Europea con maior taxa de lonxevidade segundo un informe de Eurostat (oficina de estatística comunitaria).

O incremento na esperanza de vida dos galegos/as, durante a última década, unido a diversos estudos OMS (que demostran que manter un estilo de vida fisicamente activo, levar unha dieta saudable e participar en actividades sociais pode reducir o risco de demencia) foron as principais causas que levaron a AFAPO a poñer en marcha o seu proxecto de prevención de enfermidades neurolóxicas dexenerativas.

“Hai estudos que recollen que, en España, aproximadamente un 7% da poboación maior de 65 anos padece Alzheimer, entre outras demencias, que cada vez afectan a máis persoas e detéctanse a idades máis temperás. Por iso, centramos o foco na prevención e na promoción dun envellecemento activo” cóntannos desde a Asociación que, anteriormente, xa realizaba labores de acompañamento a persoas con distintos tipos de demencia.

Grazas ao Plan Social de Ence Pontevedra puideron poñer en marcha o seu proxecto que consiste en “a realización, tanto de talleres de estimulación cognitiva, como de actividades que acheguen ás persoas maiores as novas tecnoloxías, á horticultura e ao medio ambiente. Todo iso complementado con actividades culturais, de lecer e musicoterapia” cóntannos desde a Asociación. Deste xeito, queren previr a deterioración cognitiva entre persoas maiores de 60 anos que aínda non o sofren.

Cabe destacar que, AFAPO é beneficiario do Plan Social desde a súa primeira convocatoria, polo que este proxecto leva consolidando durante anos da man de Ence Pontevedra. “No ano 2017 publicáronse por primeira vez as bases do Plan Social de Ence, e pareceunos unha moi boa ocasión para iniciar este proxecto. E así continuamos con el, optando a cada convocatoria do Plan Social” trasládannos.

Así, grazas á axuda de Ence levan varios anos fomentado un envellecemento activo entre os beneficiarios do proxecto, a través de diversas actividades: desde talleres nos que poden coñecer e aprender a usar as novas tecnoloxías, ata outros nos que traballan o cultivo e coidado de plantas, ademais da realización de visitas lúdicas.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)