Un Marín con música para rato

Un Marín con música para rato

É imposible imaxinar unha cidade sen música. Desde a fundación das primeiras vilas, o son popular sempre as acompañou como un aliado para engrandecer a cultura e o sentido de pertenza a un lugar. A música sempre estivo presente nas festas e en todos os actos que reforzan o sentido de cidade, ao reunir á comunidade.

En Marín, a Asociación Cultural Musimarín é a encargada de seguir perpetuando ese sentido de unión entre a comunidade: “O fin último é dotar ao pobo de Marín dunha escola de música onde menores e adultos poidan adquirir formación musical, practicar a música e engrandecer nosa cultura a través das bandas de música, banda infantil e banda grande de Marín”, destaca María Rodríguez, membro da Asociación.

Con esa intención, e tamén coa de integrarse socialmente a través da música, desde a institución fundada en 2017 imparten “ensinos de linguaxe musical, canto, piano, violoncelo, percusión e de instrumentos de vento utilizados nas bandas populares de música”, aclara Rodríguez.

Este tipo de educación musical non é algo de fácil acceso para todo o mundo e “as familias acudían en busca dunha opción máis económica para adquirir un instrumento musical”, conta Rodríguez. Decidiron entón acudir ao Plan Social Ence Pontevedra, e así poder ofrecer unha oferta de préstamo de instrumentos.

Grazas á axuda, puideron comprar sete instrumentos: un saxo, dous clarinetes, unha trompa, unha trompeta, unha frauta e un oboe, que axudarán a que moitos mozos teñan acceso á educación musical e a manter viva a banda: “Poderemos formar a novos integrantes para manter as bandas de música, xa que unha formación tan ampla necesita moita canteira”, admite María Rodríguez.

Neste sentido, Rodríguez subliña a importancia de resultar beneficiarios. “O noso soño con este proxecto é que todas as persoas que sintan amor pola música poidan gozar dela, sen importar as circunstancias persoais, en procura da igualdade de posibilidades e en defensa do dereito á educación”.

Por iso, están moi ilusionados co Plan e desexan que este lles axude nos próximos anos a seguir fortalecendo a afección pola música en Marín. “Gustaríanos que ENCE continuásenos ofrecendo esta oportunidade que supón o Plan Social, porque nos axuda a continuar coa nosa actividade e mellorar as posibilidades e beneficios que supoñen a escola e bandas de música de Marín para a nosa contorna”.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)