“O noso fin é conseguir unha mellora total do sistema de atención aos nosos afiliados e afianzar a comercialización dos seus produtos”

“O noso fin é conseguir unha mellora total do sistema de atención aos nosos afiliados e afianzar a comercialización dos seus produtos”

Alá por 1924 nacía na Ría de Pontevedra a Confraría de Pescadores de San Martiño de Bueu. Eran uns/as poucos/as os/as que se unían para constituír esta institución que ten, desde os seus inicios, o fin de “representar e defender os intereses profesionais e sociais dos/as pescadores/as e mariscadores/as” do porto budetense, afirman desde a Confraría.

Neste sentido, a agrupación desenvolveu dúas perspectivas desde a súa fundación. Por unha banda, unha social, na que busca dar a coñecer e defender o oficio do mar. Por outro, unha visión comercial que ten como fin asegurar e mellorar o proceso de comercialización do produto marítimo, un labor que, segundo indican desde a Confraría, “dunha maneira directa incidirá no benestar económico e social dos/as pescadores/as”.

Para realizar ambas as tarefas, xorden co tempo necesidades, tanto materiais como humanas, que necesitan ser cubertas. “Se queremos mellorar a comercialización temos que adaptarnos a novos retos e realidades”, sinalan. Por iso, no ano do seu centenario, a Confraría decidiu presentar o seu proxecto de mellora ao Plan Social Ence Pontevedra.

Elaboraron unha iniciativa que pretende “potenciar a calidade de vida dos/as pescadores/as mellorando a comercialización dos seus produtos”, indican, a través da renovación dalgúns equipos, contando cos/as propios/as traballadores/as no proceso e “desde o punto de vista da responsabilidade coa sustentabilidade dos recursos”, apuntan.

Así foi como lograron obter a axuda da iniciativa e puideron empezar a xubilar algúns equipos, á vez que implementaban outros novo.: “Os primeiros pasos que demos son a mellora do sistema de subministración de auga ao centro de estabulación e a adquisición de roupa de traballo para os empregados da lonxa”, destacan. Pero as melloras non acaban aí. E é que no seu afán de mellorar esa comercialización e ofrecer un servizo máis eficiente, investiron na implementación dunha clasificadora do polbo, unha idea que saíu tras unha viaxe a Italia. “Xurdiu dunha visita que fixemos coa Consellería do Mar a Italia, onde visitamos unha comercializadora de xamóns e vimos as posibilidades de clasificación para a venda do polbo”, explican.

Grazas á axuda do Plan Social, desde a Confraría móstranse seguros de que “todas estas melloras repercutirán moi positivamente nos/as pescadores/as”, do mesmo xeito que admiten que hai aínda moitas melloras por realizar. “O noso fin é conseguir unha mellora total do sistema de atención aos nosos afiliados e afianzar a comercialización dos seus produtos. E que isto supoña un fito para as novas xeracións e poida servir de modelo para outras entidades”, explican.

Agradecen, así mesmo, a axuda que presta o Plan Social, xa que admiten que sen ela as Confrarías non poderían avanzar en materia de eficiencia e sustentabilidade. “Ser beneficiarios axúdanos moitísimo, porque podemos acometer melloras, obras e servizos que non se poden cubrir coas liñas de axudas públicas que se atopan en vigor”, resumo.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)