O Club Inmare e a ximnasia rítmica: coa familia ata o tapiz

O Club Inmare e a ximnasia rítmica: coa familia ata o tapiz

O Club Inmare non é un máis, e quizá tampouco queira selo. Fai uns doce anos, naceu de forma moi particular esta sociedade dedicada á ximnasia rítmica. “Xurdiu nos vestiarios do colexio Sequelo de Marín. Un pequeno grupo de pais decidiu formarse como club, para poder dar o salto e competir federativamente”, comentan desde o club. E é que, ata ese momento, os fillos/as daqueles pais practicaban a ximnasia como unha actividade extraescolar, o que só lles permitía ir a exhibicións.

Esa orixe familiar segue aínda hoxe presente nesta asociación marinense que, a día de hoxe, conta con 93 deportistas federados/as e uns/as cuantos/as máis sen federar, pois ao estar en categoría de iniciación, “sería un gasto innecesario para os pais”: “gústanos recalcar o concepto de club familiar, porque é como nos definimos e como sentimos”, comentan.

Este sentir faise visible de principio a fin. No club, todos/as os que colaboran teñen algunha relación cos/as deportistas, e isto vaise renovando de xeración en xeración. “Toda a directiva está formada por pais de ximnastas e adestradoras, e cando se termina un ciclo e os fillos abandonan o club, estes deixan o oco na directiva para que se incorporen pais de nenas novas de catro ou cinco anos”, defenden. Tamén é o club o que se amolda a cada situación, adiantando os pagos e permitindo que cada pai vaia pagando segundo a súa capacidade. “Nunca pasamos un cargo á conta de ningún pai, nin cotas, nin de roupa, nin de ficha… Todos os pagos realízanos segundo a súa situación económica e da forma que mellor lle vinga a cada un”, sinalan.

Isto fai posible crear un clima no que todos/as esfórzanse por axudarse entre si, o que posibilita que ningún/a amante da ximnasia quede sen practicala. E é que este é un deporte con materiais caros, como “unha simple pelota, que pode roldar os 90€, ou un aro, que pode estar en 50€, sen esquecer o tapiz – os máis económicos valen ao redor de 5000€, e non teñen moitos anos de vida-”, sinalan.

Esta realidade foi unha das razóns que levou ao Club Inmare ao Plan Social Ence Pontevedra. Esta sociedade non ten ánimo de lucro, polo que aqueles investimentos que se teñan que facer, deben estar apoiadas en axudas. Neste sentido, desde Inmare eran conscientes de que, #ante o crecemento do club, necesitaban adquirir outro tapiz. Por iso, acudiron a esta iniciativa social e conseguiron a axuda necesaria para poder comprar este instrumento, o que agora lles permite “compaxinar os adestramentos de máis ximnastas á vez”, co beneficio que supón iso para un club con case un centenar de ximnastas.

Así, os integrantes desta institución non dubidan en afirmar que a axuda de Ence é fundamental para o seu desenvolvemento. “Tanto os obxectivos do club a nivel deportivo como as condicións que se teñen que dar para chegar a eles serían imposibles sen Ence”. E é que, sosteñen, sen a compañía non poderían seguir sendo o club familiar que queren ser. “Sen o Plan Social nosas ximnastas, ou non estarían a adestrar nas condicións adecuadas, ou o farían cun elevadísimo gasto de cada un dos pais, deixando esta actividade ao alcance de moi poucos”, argumentan.

Así é a alma do Club Inmare, e así queren que se manteña, ao mesmo tempo que soñan con chegar a máis e máis persoas. “Desde a creación pasamos por moitas fases, sendo o tempo da pandemia uno dos máis complicados. Agora volvemos a despegar e non só nos expomos seguir evolucionando como club de ximnasia rítmica, senón tamén poder facelo incorporando a disciplina de ximnasia artística”, conclúen.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)