Marín Peixegalego: “Queremos que o club contribúa na formación dos nenos e nenas, como persoas para a sociedade”

Marín Peixegalego: “Queremos que o club contribúa na formación dos nenos e nenas, como persoas para a sociedade”

O Marín Peixegalego coñécese con ese nome desde a tempada 2004/2005, ano no que se fundou este club que daba continuidade ao legado do San Narciso Peixefresco, creado en 1989 polo colexio que recibe o mesmo nome. Os seus máis de dúas décadas de historia defíneno como “un club de canteira cuxo obxectivo é promover a adquisición de valores a través da práctica do baloncesto”, en palabras de Antonio Casal , presidente do mesmo.

Con todo, isto non é todo o que vai na esencia desta institución marinense. E é que, quizá non desde o principio, pero o mesmo Casal afirma que tamén “é difícil entender o Peixe sen ENCE nestes últimos tempos”. Club e empresa levan ligados desde hai case unha década e foi precisamente na tempada 2015/16 cando desde o equipo decidiron incluír a Ence no nome do seu primeiro persoal, “en agradecemento polo apoio que Ence brindounos”, relata Casal.

Desde a posta en marcha da primeira edición do Plan Social Ence Pontevedra, en 2017, o Marín Peixegalego estivo presente en todas as edicións, buscando cos proxectos que presentaron que todos/as os/as nenos/as que pasan pola disciplina poidan “adquirir hábitos saudables, de compañeirismo, integración… e de saúde física propiamente dita”, destaca o Presidente.

Como non podía ser doutra forma, na última edición do Plan Social, os marinenses acudiron unha vez máis á iniciativa social para “afianzar o proxecto e darlle o ‘brío’ que tiña antes da pandemia”, sinala Casal. Para iso, presentaron un proxecto á convocatoria que ten cinco patas. En palabras do club, “a educación a través do deporte, afianzar un proxecto de canteira, impulsar unha aula de hábitos saudables, a celebración de campus en períodos non lectivos e a organización de eventos”, resumo.

Coa axuda pretenden “ser un axente útil no crecemento e a formación dos mozos e mozas que pasan polo club e intervir positivamente na nosa contorna máis próxima a nivel dinamizador e de lecer”, indica Casal. Por iso, a través destas cinco patas queren potenciar a educación en valores, mellorar o material técnico e humano, impulsar talleres de hábitos saudables e poñelos en práctica nos campus, así como “atraer turismo e dinamizar economicamente a zona, con eventos como o Torneo de Seleccións Autonómicas”, aseguran.

Neste sentido, algúns deses obxectivos xa se foron cumprindo no que levamos de tempada e, desde a institución, afirman que de maneira moi positiva. “Empezamos este ano con máis adestradores/as e unha preparadora física de máximo nivel; a nosa aula de saúde xa realizou varios talleres; organizamos xa un campus e hai varios programados, ademais do torneo mini de seleccións autonómicas e as concentracións Babybasket”, sintetiza Casal.

Con estes resultados, o Marín Peixegalego móstrase moi contento e desde o club confían en que todos estes avances axúdenlles a construír o seu obxectivo como club: “que o papel do club sexa recoñecible na formación deses/as nenos/as como persoas para a sociedade, e que nun futuro sexan eles e elas os que dean continuidade a este proxecto de baloncesto en Marín, como directivos/as, voluntarios/as, adestradores/as, …”, asente Casal.

Para logralo, desexan que o seu proxecto siga vivo nos próximos anos: “o noso soño é seguir crecendo en número de integrantes”, relatan, e para iso non dubidan en seguir contando con Ence. “Ence é un piar central no noso proxecto”, conclúe Casal.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)