O Plan Social de Ence e Agaltes contribúen a mellorar a calidade de vida os afectados por enfermidades raras

O Plan Social de Ence e Agaltes contribúen a mellorar a calidade de vida os afectados por enfermidades raras

Na actualidade estímase que existen entre 6.000 e 8.000 enfermidades raras diferentes. Aínda que son patoloxías pouco frecuentes, no seu conxunto adquiren unha gran importancia, xa que afectan a entre un 5% e un 7% da poboación. Actualmente, existen en Galicia uns 200.000 afectados sen contar aos afectados diagnosticados dunha enfermidade non considerada rara pero que, pola súa complexidade, deberían de estar incluídos nesta categoría.

A Asociación Galega Tecendo Sonhos (Agaltes) nace como apoio a estas persoas que, ademais de necesitar unha prolongada asistencia sanitaria, tamén teñen outras necesidades inherentes ao diagnóstico da patoloxía como as dificultades de organización familiar ou os custos directos e indirectos que iso conleva.

En base a esta realidade xorde o proxecto ‘Sonhando’, o cal, da man do Plan Social de Ence Pontevedra, promove en palabras da súa presidenta “a minoración do malestar e das problemáticas que se relacionan co diagnostico dunha enfermidade rara ou patoloxía complexa” a través de distintas iniciativas de carácter técnico, material, de apoio na cobertura das necesidades básicas ou de participación comunitaria.

Como beneficiarios desta edición do Plan Social, Agaltes ofrece dentro do seu proxecto ‘Sonhando’ sesións de fisioterapia enfocadas aos pacientes de enfermidades raras de todas as idades que, doutra forma, “terían que custearse eles mesmos ao non estar cubertas integramente pola seguridade social”, asegura Sandra Novoa, presidenta da asociación.

Esta iniciativa que busca proporcionar atención integral a persoas con enfermidades raras ten o obxectivo principal de “incidir especialmente na realidade das familias vulnerables”, comenta a representante desta entidade benéfica.

Desde Agaltes aseguran que o Plan Social de Ence Pontevedra é unha “axuda fundamental para as persoas vulnerables que, ademais de loitar contra patoloxías complexas, tamén teñen que superar outras dificultades sociais que empeoran a súa calidade de vida”, reivindica Sandra.

Agaltes, coa axuda do Plan Social, seguirá proporcionando tratamentos efectivos que axuden á loita contra as enfermidades raras para a mellorar a esperanza e calidade de vida dos afectados por elas.

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2024.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)