Un novo centro de referencia en discapacidade intelectual para premiar o traballo da Asociación Xoán XXIII

Un novo centro de referencia en discapacidade intelectual para premiar o traballo da Asociación Xoán XXIII

Son múltiples as causas que poden derivar nunha discapacidade intelectual. Algunhas son xenéticas, outras motivadas por unha enfermidade grave na infancia. Pero sempre os indicios adóitanse presentar antes dos 18 anos. En España, son 300.000 as persoas afectadas.

Está demostrado que unha enteira dedicación, un ambiente inclusivo e o impulso de figuras de referencia, contribúe a que as persoas con discapacidade intelectual poidan progresar e desenvolverse en varios ámbitos da súa vida cotiá, que van desde mellorar en habilidades cognitivas, ata gañar en independencia persoal.

A Asociación Xoán XXIII leva anos sendo unha referencia en Pontevedra no coidado e asistencia a persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Ata o momento, contaba cun centro de día na cidade, que previu ampliar a residencia grazas á axuda do Plan Social de Ence en Pontevedra, que brindou o seu apoio a esta iniciativa nas súas tres edicións ata a data.

Así, dotouse á Asociación Xoán XXIII de 160.000€ desde 2017, destinados a financiar as obras dun centro de calidade para que persoas con discapacidade intelectual de Pontevedra poidan aprender, desenvolverse individualmente e acharse nunha contorna de acompañamento.

O Plan Social de Ence en Pontevedra apoiou esta acción dentro da área de actuación “Loita contra a Exclusión Social”, que busca ser referencia na comarca pontevedresa na protección e contribución aos sectores máis desfavorecidos da sociedade, para que poidan gañar en dignidade, visibilidade e normalización.

O labor da Asociación Xoán XXIII é un deses exemplos de contribución á mellora da vida destas persoas e dos responsables ao seu cargo, achegando cada día a súa inclusión total na sociedade.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)