Promover a integración das persoas con discapacidade, obxectivo da Fundación Amicos e o Plan Social de Ence

Promover a integración das persoas con discapacidade, obxectivo da Fundación Amicos e o Plan Social de Ence

Segundo o Informe Olivenza, publicado polo Observatorio Estatal da Discapacidade en 2018, en España hai 1.840.700 persoas en idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos que contan con algún grao de discapacidade. Tal e como recolle este documento, só un terzo deste colectivo está integrado no mercado laboral, e a taxa de abandono escolar entre estas persoas alcanza o 43,2%.

As conclusións achegadas por esta entidade, ademais, ditaminan que este colectivo, especialmente vulnerable, afronta con moita maior asiduidade que a poboación xeral situacións discriminatorias. Como mostra deste desequilibrio, os datos doutro informe publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) en 2019, sitúan a taxa de paro entre as persoas con discapacidade en España no 23,9%, 10 puntos máis que entre a poboación xeral.

Co obxectivo de contribuír a impulsar a loita contra este tipo de situacións, e ante a necesidade das persoas con discapacidade de verse representadas na sociedade, xorden iniciativas como a da Fundación AMICOS co apoio do Plan Social de Ence en Pontevedra. Dita iniciativa, coñecida co nome de Ence Capacita, ten como obxectivo informar, orientar e asesorar a mozos e adultos en risco de exclusión social, residentes nos municipios próximos á ría de Pontevedra, para que poidan mellorar a súa situación laboral a través do fomento do emprendemento e de novos perfís ligados á economía circular.

Esta organización sen ánimo de lucro, nacida no ano 2006, ten como fin tutelar e protexer ás persoas con discapacidade, que se achen orfas ou en situación de desprotección, e axudarlles a mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias. Para logralo, organiza, patrocina e fomenta a creación de centros de asistencia e promove a integración laboral entre persoas con discapacidade. Agora, co apoio do Plan Social de Ence, dá un paso máis na loita pola normalización das persoas con discapacidade na sociedade.

Con esta axuda, enmarcada dentro da área de actuación destinada á Loita contra a Exclusión Social, Ence mostra o seu compromiso co benestar das persoas en situación de vulnerabilidade de Pontevedra e comarca, querendo contribuír a facilitar a súa integración en sociedade e con ela ao pleno desenvolvemento dos seus anhelos e intereses.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)