O apoio á práctica do deporte de mesa rei, clave para o Plan Social de Ence Pontevedra

O apoio á práctica do deporte de mesa rei, clave para o Plan Social de Ence Pontevedra

O xadrez como deporte e xogo de mesa, ten unha orixe que non se coñece con exactitude, aínda que os máis entendidos na materia sitúan unha primeira referencia no século XV nalgún punto de India ou China. Desde entón, evolucionou ao longo dos séculos, e na actualidade existen ata douscentos tipos de pezas distintas para elaborar o xogo, das cales, só seis son consideradas como “estándar”: o peón, a torre, o alfil, o cabalo, a raíña e o rei.

En España, foi introducido durante os séculos de presenza musulmá na Península Ibérica, liderando actualmente a lista de xogadores en activo dedicados a este deporte, por encima de países como Francia, Alemaña, Rusia e China. Son algo máis de 15.400 os expertos xadrecistas españois que compiten en torneos nacionais e internacionais.

Un dos equipos de referencia en Pontevedra para este deporte, é o Club Xadrez Marín, que como o seu nome indica, ten a súa sede nesta localidade do Morrazo. O Club cultivou numerosos éxitos tanto na liga regular española, como en diferentes campionatos a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. Esta entidade conta tamén con diversos grupos de idade, que participan en diferentes categorías de competición ao longo da xeografía española e europea, e que van desde os máis pequenos, na categoría sub8, ata os adultos.

O Plan Social de Ence en Pontevedra leva desde 2017 dando o seu apoio a este Club, e ofrecendo a súa colaboración para financiar os desprazamentos, equipamentos e realización dos cursos de verán que o equipo ofrece a interesados en aprender a práctica do xadrez. Desta forma, o Plan Social de Ence busca impulsar a práctica dun deporte que fomenta habilidades como a axilidade mental, estimula a concentración, e incentiva a creatividade nos máis novos.

O Club Xadrez Marín, da man do Plan Social de Ence, busca facer chegar a práctica do xadrez a todos aqueles marinenses e pontevedreses que queiran penetrarse neste deporte e coñecelo da man dun club de referencia na comarca, que chega mesmo a disputar torneos a nivel internacional e que conta con varios campións entre a súa canteira.

No Comments

Post A Comment

Chámanos

Atendemos as túas dúbidas sobre a Convocatoria 2023.

627 826 069

09:00h-14:00h y 16:00-18:00 (L-J)
8:00 a 15:00 h (V)